RPS Galiza: EXITOSO PARO NA EMPRESA UNÍSONO EN VIGO

Pontevedra, 17 de Febreiro do 2016. A Federación Galega de Republicanos quere mostrar a súa plena solidariedade cos traballadores da empresa Unísono na cidade pontevedresa en loita ( a cal ven sendo constante ) contra as inxustas políticas da empresa en relación a horarios e vacacións, impostas pola patronal en tempos de crise económica para que co obvio incremento de traballo sen aumento de salarios non perdan os seus beneficios.

De sobras son coñecidas as pésimas condicións deste tipo de empregos, onde a subcontratacion está a orde do día, repercutindo isto na propia atención cos clientes. Continuas concentracións se suceden en distintos puntos da nación galega denunciando os abusos empresariais no sector. É un feito palpable que os contratados viven nunha especie de semi esclavitude, xa que coa actitude déspota da directiva non poden conciliar unha vida persoal satisfactoria.

Nesta situación faise imprescindible a unidade de clase e o compromiso dos sindicatos de masa, sobre todo dos afiliados, para recuperar unha posición de dignidade e equidade nas relacións laborais. Os paros do día de hoxe son todo un exemplo neste sentido. Mais tamén chamamos a activar de novo a movilización social fronte as políticas de inxustiza levadas a cabo polos partidos do réxime do 78 e a construir unha alternativa frentista de esquerdas capaz de devolverlle a democracia o pobo  en forma dunha República Democrática. So así frearemos a reacción en cadea do poder oligárquico

This entry was posted in Noticias and tagged , , , , . Bookmark the permalink.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.